|
||||||
|
Mostra de videopoemas (EXTENSIÓN MOV) Proxección continua ao longo de todos os días do ciclo. Lista de seleccionados: Alexia Miranda (El Salvador) / Patricio Munita (Santiago de Chile) / Francesca Fini (Roma) / Javier Seco (Granada) / Kenji Ouellet (Berlín) / Agustín Calvo Galán (Barcelona) /El taller de Zenón (Sevilla) / Alejandro Uribe (México) / Silvia Hernández / Francisco López (Teruel) / Silvio de Gracia (Buenos Aires) Próximamente vídeo aquí. Día 21, 20 h. AVELINO SAAVEDRA / 21 h. ANTÓN LOPO Día 22, 20 h. ESTELA LLOVES / 21 h. AD HOC _________ ANTÓN LOPO Antón Lopo desenvolve unha traxectoria interdisciplinar que abrangue a poesía, a narrativa ou a performance. Autor do poemario oral ‘Prestidixitador’ -co que percorreu distintas cidades de Europa- de novelas como ‘Ganga’ (Xerais, 2001), do poemario como ‘Fálame’ (2002) ou da peza teatral ‘Os homes só contan até tres’ (2005) -que lle valeu o Premio Álvaro Cunqueiro-, Lopo traballou durante dous anos nun lameiro da Ulloa para o seu proxecto ‘Dentro’, exhibido na Casa da Parra (2006). Realizou as biografías de Lorenzo Varela, Fermín Bouza Brey e Uxío Novoneyra. (…) O título das accións é un percorrido por algunhas das intervencións performáticas e poéticas de Lopo nos últimos anos. _________ AVELINO SAAVEDRA Santiago de Compostela - 1967. Artista plástico, performer, músico. Licenciado en Bellas Artes por la facultad de S. Carlos - Valencia. Aviofóbico. Desde el 2000 practico conscientemente el arte de acción, mostrando mi trabajo en numerosos encuentros y festivales en gran parte del estado, entre ellos: E’Bent (Barcelona), Circulo de Bellas Artes (Madrid), programa siglo XXI (radio 3 - RNE), Nits d’Aielo i Art (Valencia), MUVIM (Valencia), CENDEAC (Murcia), Arrt d’Accció (Valencia), Contenedores (Sevilla), Cuerpo a Cuerpo (Las Palmas de Gran Canaria), programa Encontres (Canal 9 - Valencia) - Acción: “Estudio de anatomía - (acción poético-forense)” . Idea del poema como un ente orgánico animal, susceptible de ser diseccionado y analizado. Ejercicio de práctica forense entre la poesía sonora, el videopoema, la música improvisada y la acción poética. _____________ ESTELA LLOVES Nace en Vigo y se forma en danza y teatro-físico con las siguientes compañías con las que además de estudiar, trabaja profesionalmente de 1993 al 2006: “Matarile teatro”: Ana Vallés (Santiago de Compostela), “A Raia”: Roger Colom (Valencia),”EsteOeste”: Gena Baamonde, “Mai Juku”: Min Tanaka (Japón), etc. Danza. ______________ AD HOC Ad Hoc comezou sendo unha aposta polo xogo e polo amor á poesía e á música. Amamos os riscos da improvisación compartida a partir dun núcleo conceptual que imos desenvolvendo aos poucos e transformando en artefactos polipoéticos simples. 20 h. YOLANDA CASTAÑO
“RECITAL POÉTICO MULTIMEDIA“ “A poética de Yolanda Castaño entra en diálogo con outras linguaxes creativas tratando de explorar novas canles de expresión para o verso. Se o auténtico reto da poesía é adaptarse aos tempos, o xénero lírico trascende aquí os seus formatos máis ortodoxos da man do son, do audiovisual ou das novas tecnoloxías. Unha experiencia poética diferente capaz de captar aos máis versados tanto coma aos menos familiarizados coa poesía contemporánea”.
-
YOLANDA CASTAÑO (Santiago de Compostela, 1977)
Trasládase no ano 90 á Coruña, onde se licencia en Filoloxía e realiza estudos audiovisuais. Foi Secretaria Xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega e formou parte da súa directiva durante varios anos, asi mesmo, foi directora da Galería Sargadelos da Coruña. Ademáis de poeta (Premio Nacional da Crítica 1999) é articulista en varios medios escritos galegos, mentras co-presenta un concurso cultural que se emite de luns a venres na TVG dende hai xa 4 anos. Foi guionista, dirixiu e presentou na TVE-Galicia o seu propio programa adicado ás vangardas artísticas galegas: “MERCURIA”, polo que foi galardoada co Mestre Mateo á “Mellor Comunicador/a de TV 2005”. No 2007 foi galardoada co XV Premio Espiral Maior de Poesía e, máis recentemente, co Ojo Crítico que concede RNE ao mellor libro de poesía publicado por un autor/a mozo/a no Estado Español.
Foi fundadora da revista Valdeleite e da editorial de poesía para novos valores “Letras de Cal”. Activa dinamizadora cultural, organizadora de ciclos de recitais poéticos (actualmente dirixe “POETAS DI(N)VERSOS” no Concello da Coruña), ten colaborado en numerosos medios de comunicación escrita, así coma en libros colectivos, antoloxías tanto galegas como estatais, congresos e infinidade de recitais dentro e fóra de Galicia, así coma no estranxeiro (Bélxica, Perú, EE.UU., Italia, Arxentina, Lituania, Nicaragua, Madeira, Polonia, Finlandia, Venezuela, Francia, Austria ou Finlandia). Ten impartido obradoiros de poesía e clubs de lectura, coordinado volumes colectivos, comisariado mostras de arte e de poesía, ten redactado prólogos, textos para espectáculos de danza, colaboracións escritas de todo tipo e tres poemarios infantís (“Punver”, “Punver de volta” e “Cando eu saiba ler”). Fortemente interesada na fusión entre a poesía e outras linguaxes creativas, ten desenvolvido moi diversas experiencias misturándoa coa música, a plástica e o audiovisual, actividade pola que tamén foi premiada. Poemas seus foron traducidos ao castelán, catalán, francés, italiano, alemán, ruso, inglés, polaco, árabe e lituano.
Obra individual publicada:
- “Elevar as pálpebras“, Espiral Maior, 1995. Premio Fermín Bouza Brey (publicado cando tiña só 17 anos). - “Delicia“, Espiral M., 1998 (2ª edición no 2006, na colección Poeta en Compostela do Grupo Correo Gallego) - “Vivimos no ciclo das Erofanías“, Espiral Maior, 1998. Premio Johán Carballeira e Premio da Crítica Española. - “Vivimos en el ciclo de las Erofanías“, Huerga & Fierro, 2000. (edición bilingüe) - “Edénica“, Espiral Maior, 2000. (antoloxía persoal + CD no que a autora canta versións musicadas dos seus poemas) - “O libro da egoísta”, Galaxia, 2003, (2ª edición: 2004) - “Libro de la egoísta”, (Ed. bilingüe) Visor, 2006 - “Profundidade de campo”, Espiral Maior, 2007 (XV Premio “Espiral Maior”). - “Profundidad de campo”, (Ed. bilingüe) Visor, 2009. Premio Ojo Crítico de RNE.
____________________
Mª do Carme Kruckenberg (Vigo, 1926) é unha das poetas galegas máis relevantes da súa xeración. Partícipe desde moi nova da vangarda poética española na que colaborou da man, entre outros, de Vicente Aleixandre, Rafael Alberti e Dámaso Alonso, Kruckenberg é parte da memoria viva e cultural deste país. 20 libros en galego e 9 en castelán, ademais de contos, traducións e artigos, compón unha polifacética e abundante produción, entre a que figuran tamén varios libros inéditos. Carme é Viguesa Distinguida, Premio Alecrín, Medalla de Galicia, Dama do Padroado Rosalía de Castro, Medalla Castelao, Galega Destacada (Diálogos 90), Medalla da enxebre Orde da Vieira, Letra E de A.E.L.G., Premio 1º de Maio ao compromiso social e á solidariedade, e o seu nome dá nome a unha praza de Vigo, recoñecementos que non só fan mención ao seu labor como poeta senón tamén á súa propia vida, comprometida sempre coa realidade social na que habita. Acompañada do violoncello, Carme recitará poemas de Vivir, aventura irrepetible, Lembranzas de beleza triste, As complexas mareas da noite e Os límites do arreguizo. __________________ __________________ BIOGRAFÍA Mª do Carme Kruckemberg Sanjurjo Naceu en Vigo o 3 de Xuño de 1926. Estuda na mesma ciudade, no “Colegio Alemán”. Co gallo da guerra europea non pode rematar os estudos ó pecharse o colexio e nágase a comenzar de novo nuhn instituto, xa que ten que examianrse do primeiro outra vez, así que estuda pola sua conta, idiomas, historia, ciencias, literatura, etc. Pódese decir que é unha auténtica autodidacta. A meirande parte dos seus coñecementos debellos a seu pai que infundirá verdadeiro amor polo coñocemento. Casa no 1949. Despois de visitar Francia e Italia viaxa a Argentina e vive en Buenos Aires catro anos. No rio da Plata coñece a elite dos escritores arxentinos e de motios mais paises de América, refuxiados políticos, así como a galegos e expañois que están na mesma situación. Un dos mais importantes foi Castelao, con quen estivo duas veces falando de política e literatura en maio, en mais en novembro de 1949, dous meses antes de seu pasamento. Foi unha gran amiga de Rafael Alberti e Mª Teresa León, “os seus pais de Arxentina”, como ela os define. Na casa dos Alberti, coñece a Miguel Angel Asturias, Goloria Alcorta, Oliveiro Girondo y Nohra Langue, Estela Canto, Mª Rosa Oliver, Salazar Bondi e Guillermo de Torre que a presenta a seu cuñado Jorge Luís Borges, e con quen reúnese todolos mércores no Richmond da rua Suipacha. Sepárase de seu marido no ano 1953 e volve a súa terra no mes de Marzo. Ese mesmo ano en casa dos García Lorca coñece a Vicente Aleixandre e Dámaso Alonso. Nas reunions no Café Gijón trata moi especialmente a Gerardo Diego. POESÍA 1950. Nestes anos escribe Cantigas de Vento, Los parajes inmóviles e Rumor de Tiempo, editados entre 1956 e 1958. En Bós Aires escribe e pubrica Las palabras olvidadas, unha carpeta de tres poemas adicadas a Paz, par Congreso da Paz de Viena de 1950. 1958. Fai un libriño para a su filla Farol de Aire. Nestes anos viaxa constantemente. 1962. Remata en Saint jean de capa Ferrat Poemas inevitables para la colección “Alrededor de la mesa”, Bilbao. 1964. Tauromaquia en línea y verso, con debuxos da autora. 1969. Memoria de mi sueño. 1972. Cantigas de amigo a Ramón G. Sierra Pampillon 1976. A sombra ergueita. Ediciones Castrelos. 1986. Cantigas para un tempo esquecido. Ediciones O Castro. 1990. Cinco poemas o mar: Ardora, para Baiona Horizonte Atlántico con gravados de Antón Goyanes. 1992. Alegoría do ensoño ferido. Edicións O Castro 1996. Poemas inevitables. Concello de Vigo. 1997. Edición venable de 21 poemas nhun grido de luz, e Meditacións a beira da noite. 1998. Mª do Carme Kruckenberg e 3 poetas madievais da ría de Vigo. Edita Comisones Obreras. 1998. Vivir, aventura irrepetible, en castelan e galego. Libro sobre os 39 paises que percorreo durante istes anos. 1999. Jazz espido. Edicións O Castro, con debuxos de Eva LLorens. 1999. Poemas sen resposta. Ediciones Espiral Mayor. 2000. Obra poética case completa. Ediciónss O castro-Sargadelos, poemas editados dende 1953 ata 2000 2003. Lembranzas da beleza triste. Editorial Espiral Mayor. 2004. Luz para un novo mencer. Edicións O Castro. 2006. As complexas mareas da noite, Editorial Espiral Mayor. 2007. Os límites de arreguizo. Editorial Espiral Mayor PROSA 1968. El nieto de la sirena. Edicións faro de Vigo, con debuxos de Mª Victoria de la Fuente. 1997. Anael, o vello deus do Mato Groso. Edictou o BNG “Novo do trinque” 1998. O ratiño do Pazo. Debuxos Eva Llorens. Edición non venable. 1998. O paxariño de Sevilla. Edición non venable. 1998. A coroza. Edicións Agua Tinta. 1999. Historias na memoria. Editada por CCOO, con debuxos de Antón Goyanes. 2000. A pulga garimosa. Edición non venable. 2003. A rapaza da frauta e A bolsa de plástico, con debuxos de Evva Llorens. Edicións non venables. 2003. A moneda de vento, con debuxos de Mercedes Lence. Edición non venable. 2004. O gato de San Xoan de Piñeiro. Edición non venable.
Houbo un tempo no que a poesía deixou de ser o que era e estar onde se cría que estaba. Dos versos aos silencios, da linguaxe aos espazos baleiros, a poesía ocultábase en lugares cada vez máis remotos e incomprensibles. Alí precisamente onde non chegaba a razón situábase ela, e non había forma de sacala á luz. Daba a impresión de que aparecía só cando lle daba a gana, para logo seguir a súa viaxe sen rumbo, como un ser liberado do seu corpo. J. Fernández PRESENTACIÓN DO CICLO Boas tardes, benvidos á segunda edición de Poéticas para unha vida.
a batalla non a ves porque sucede lonxe, en Eritrea a pintura é enorme, tres ou catro veces maior que os cortinados dun teatro de ópera. A nai, unha das catro nais do rapaz, vai falar e efectivamente fala. Nada, nalgún lugar simbólico o fungo transfigúrase en doncela —míralle a capotiña e o manto lepiota intúeslle o corpo, esvelto e atigrado; o tacto, frío. Como xeado é nos cogomelos cando atardece. E sorprendente e feliz porque podes retirar a mao e enluvar os dedos ou quecelos nos teus petos. Seguramente é muda. Só o nome perfecto de Deus, o nome de Antonin Artaud onde alguén ispe a pedra. Grandes lenzos de chuvia cara a dentro, a moitos quilómetros, profundos de follas moi húmidas e mortas e porque chegas tarde escachas nos ourizos onde dormen nenos con tiara solar e bambéanse e unha das catro nais vai falar e efectivamente fala nesta alcoba dedicada a Stern porque estamos dentro, no grimorio dun poeta, e conta Xulia Moesa cómo tivo que camiñar sobre o esterco vintecinco metros para buscar unha peciña da muxidoira que se lle perdera, e contemplan todos, a moitos quilómetros de profundidade, as páxinas da Ultratumba conxeladas por mor da couza, por lle sandar o mal, e respiran e hai que vestir a pedra o que nunca chegaremos a desvelar é se estamos dentro ou non, se a lágrima é de acibeche ou de basalto, se dentro están as tres magas danzarinas, se lograremos algunha vez abrir o túnel. A pedra condénsase coma nun rito ciguri. Sinala entón as iniciais, as iniciais brancas e as iniciais vermellas, do sol-macho real, do sol-femia, real. Nunca chegaremos a saber se os nosos nervios son emanacións do sol, se a páxina é parasitaria das secrecións do meu cerebro os nosos nervios radiantes de azafrán nas letras do betilo sobre todo cando as perdas son tan violentas e próximas
Veracruz, maio, 1947. ______________ |
||||||
|
Copyright © 2010 POÉTICAS PARA UNHA VIDA - All Rights Reserved |
||||||