Agosto 2017
L M X J V S D
« Abr    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

8 de maio, poéticas para unha vida

20 h. YOLANDA CASTAÑO

“RECITAL POÉTICO MULTIMEDIA

“A poética de Yolanda Castaño entra en diálogo con outras linguaxes creativas tratando de explorar novas canles de expresión para o verso. Se o auténtico reto da poesía é adaptarse aos tempos, o xénero lírico trascende aquí os seus formatos máis ortodoxos da man do son, do audiovisual ou das novas tecnoloxías. Unha experiencia poética diferente capaz de captar aos máis versados tanto coma aos menos familiarizados coa poesía contemporánea”.


foto: Ren Rox

-

YOLANDA CASTAÑO (Santiago de Compostela, 1977)

Trasládase no ano 90 á Coruña, onde se licencia en Filoloxía e realiza estudos audiovisuais. Foi Secretaria Xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega e formou parte da súa directiva durante varios anos, asi mesmo, foi directora da Galería Sargadelos da Coruña. Ademáis de poeta (Premio Nacional da Crítica 1999) é articulista en varios medios escritos galegos, mentras co-presenta un concurso cultural que se emite de luns a venres na TVG dende hai xa 4 anos. Foi guionista, dirixiu e presentou na TVE-Galicia o seu propio programa adicado ás vangardas artísticas galegas: “MERCURIA”, polo que foi galardoada co Mestre Mateo á “Mellor Comunicador/a de TV 2005”. No 2007 foi galardoada co XV Premio Espiral Maior de Poesía e, máis recentemente, co Ojo Crítico que concede RNE ao mellor libro de poesía publicado por un autor/a mozo/a no Estado Español.

Foi fundadora da revista Valdeleite e da editorial de poesía para novos valores “Letras de Cal”. Activa dinamizadora cultural, organizadora de ciclos de recitais poéticos (actualmente dirixe “POETAS DI(N)VERSOS” no Concello da Coruña), ten colaborado en numerosos medios de comunicación escrita, así coma en libros colectivos, antoloxías tanto galegas como estatais, congresos e infinidade de recitais dentro e fóra de Galicia, así coma no estranxeiro (Bélxica, Perú, EE.UU., Italia, Arxentina, Lituania, Nicaragua, Madeira, Polonia, Finlandia, Venezuela, Francia, Austria ou Finlandia). Ten impartido obradoiros de poesía e clubs de lectura, coordinado volumes colectivos, comisariado mostras de arte e de poesía, ten redactado prólogos, textos para espectáculos de danza, colaboracións escritas de todo tipo e tres poemarios infantís (“Punver”, “Punver de volta” e “Cando eu saiba ler”). Fortemente interesada na fusión entre a poesía e outras linguaxes creativas, ten desenvolvido moi diversas experiencias misturándoa coa música, a plástica e o audiovisual, actividade pola que tamén foi premiada. Poemas seus foron traducidos ao castelán, catalán, francés, italiano, alemán, ruso, inglés, polaco, árabe e lituano.

Obra individual publicada:

- “Elevar as pálpebras“, Espiral Maior, 1995. Premio Fermín Bouza Brey (publicado cando tiña só 17 anos).

- “Delicia“, Espiral M., 1998 (2ª edición no 2006, na colección Poeta en Compostela do Grupo Correo Gallego)

- “Vivimos no ciclo das Erofanías“, Espiral Maior, 1998. Premio Johán Carballeira e Premio da Crítica Española.

- “Vivimos en el ciclo de las Erofanías“, Huerga & Fierro, 2000. (edición bilingüe)

- “Edénica“, Espiral Maior, 2000. (antoloxía persoal + CD no que a autora canta versións musicadas dos seus poemas)

- “O libro da egoísta”, Galaxia, 2003, (2ª edición: 2004)

- “Libro de la egoísta”, (Ed. bilingüe) Visor, 2006

- “Profundidade de campo”, Espiral Maior, 2007 (XV Premio “Espiral Maior”).

- “Profundidad de campo”, (Ed. bilingüe) Visor, 2009. Premio Ojo Crítico de RNE.

____________________

Leave a Reply

 

 

 

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>