Agosto 2017
L M X J V S D
« Abr    
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

RECITAL, Chus Pato, 30 de Mayo, 2009

a batalla non a ves porque sucede lonxe, en Eritrea

a pintura é enorme, tres ou catro veces maior que os cortinados dun teatro de ópera. A nai, unha das catro nais do rapaz, vai falar e efectivamente fala. Nada, nalgún lugar simbólico o fungo transfigúrase en doncela

—míralle a capotiña e o manto lepiota

intúeslle o corpo, esvelto e atigrado; o tacto, frío. Como xeado é nos cogomelos cando atardece. E sorprendente e feliz porque podes retirar a mao e enluvar os dedos ou quecelos nos teus petos. Seguramente é muda. Só o nome perfecto de Deus, o nome de Antonin Artaud onde alguén ispe a pedra. Grandes lenzos de chuvia cara a dentro, a moitos quilómetros, profundos de follas moi húmidas e mortas e porque chegas tarde escachas nos ourizos onde dormen nenos con tiara solar e bambéanse e unha das catro nais vai falar e efectivamente fala nesta alcoba dedicada a Stern porque estamos dentro, no grimorio dun poeta, e conta Xulia Moesa cómo tivo que camiñar sobre o esterco vintecinco metros para buscar unha peciña da muxidoira que se lle perdera, e contemplan todos, a moitos quilómetros de profundidade, as páxinas da Ultratumba conxeladas por mor da couza, por lle sandar o mal, e respiran e hai que vestir a pedra

o que nunca chegaremos a desvelar é se estamos dentro ou non, se a lágrima é de acibeche ou de basalto, se dentro están as tres magas danzarinas, se lograremos algunha vez abrir o túnel. A pedra condénsase coma nun rito ciguri. Sinala entón as iniciais, as iniciais brancas e as iniciais vermellas, do sol-macho real, do sol-femia, real. Nunca chegaremos a saber se os nosos nervios son emanacións do sol, se a páxina é parasitaria das secrecións do meu cerebro

os nosos nervios radiantes de azafrán nas letras do betilo

sobre todo cando as perdas son tan violentas e próximas

Veracruz, maio, 1947.

______________

Leave a Reply

 

 

 

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>